Este xoves 2 de xullo arranca unha nova edición de As Tardes do Alfar, un dos ciclos culturais máis recoñecibles do verán en Oleiros. Organizado polo Concello de Oleiros, coa colaboración da Deputación da Coruña, o ciclo volverá converter o Museo As Torres en Santa Cruz (Oleiros) nun punto de encontro onde a música en directo e a tradición oleira comparten escenario.

Este ciclo aposta por unha programación de calidade centrada en proxectos con composición propia, nun formato diferente ao dun festival convencional.

Cada xornada comezará ás 19:00 h cunha demostración de olería tradicional en vivo e continuará ás 20:00 h co concerto programado.

Programación 2026

  • 2 de xullo – Teixi Band
  • 9 de xullo – Anaut
  • 16 de xullo – Silvia Penide
  • 23 de xullo – Madame Bird
  • 30 de xullo – Superfuzz

Unha cita consolidada no calendario cultural

As Tardes do Alfar celebran este ano a súa sexta edición, consolidándose como unha das propostas culturais máis destacadas do verán na comarca. Ao longo das súas edicións pasaron polo seu escenario artistas e bandas como The Rapants, Capital Voskov, Julián Maeso, Miguel Costas ou Moura, combinando nomes consolidados con novos proxectos da escena galega.

A través do acordo existente coa Asociación Musicoleiros, cada edición conta ademais coa participación de, polo menos, unha banda local, neste caso Madame Bird, reforzando o compromiso do ciclo coa promoción da música de proximidade e dos proxectos con identidade propia.

Desde Musicoleiros animamos a todos os socios e ao público en xeral a achegarse cada xoves ao parque de As Torres para gozar dunha proposta que une música, patrimonio e cultura nun dos espazos máis singulares de Oleiros.

As Tardes do Alfar 2026

Ubicación do evento

Ubicación do evento

Publicado: 01/07/2026