Descrición da banda
Proxecto musical de Carla de Figueredo, unha das voces máis destacadas da escena de música negra en Galicia. Tras dous anos percorrendo salas e escenarios con versións de rocksteady e northern soul, inicia unha nova etapa coa presentación de temas propios reunidos en Old Souls, un traballo de marcado carácter souleiro.
A súa proposta combina influencias do northern soul clásico, o R&B, o jazz crooner dos anos 50 e o soul das décadas posteriores, dando lugar a un son persoal e recoñecible.
En directo, Madame Bird presenta un potente formato de banda acompañado por José Triay (guitarra), Toño Martín (baixo), Alberto Camba (batería) e Diego Rois (teclados e coros).

Contacto:

