Quen somos
Somos unha asociación cultural sen ánimo de lucro formada por bandas, colaboradores e persoas comprometidas co impulso da música na nosa contorna. Traballamos de maneira coordinada para fortalecer a escena musical e crear espazos de encontro entre artistas, público, institucións e tecido empresarial.
Musicoleiros vai un paso máis alá: xera oportunidades reais para a escena local, conectando músicos e bandas con concertos, visibilidade e acceso a escenarios.

Por que nace a asociación
Nace para promover a música e as actividades culturais nun territorio con gran tradición musical, pero que precisaba maior coordinación entre bandas, solistas e axentes culturais. Xorde como unha ferramenta para unir esforzos, dar visibilidade ao talento existente e consolidar unha estrutura que impulse o crecemento cultural.
Co tempo, evoluciona cara a unha plataforma que non só conecta a escena, senón que xera oportunidades reais para tocar en directo e medrar dentro dela.
Que facemos
Dinamización cultural
Promovemos e organizamos actividades musicais que enriquecen a vida cultural da nosa contorna.
Rede e comunidade
Creamos espazos de encontro entre bandas, artistas, colaboradores e público, favorecendo a colaboración e a conexión dentro da escena musical.
Visibilidade e difusión
Damos visibilidade ás bandas e colaboradores a través da web, o calendario de concertos e outras accións de comunicación.
Como se financia
La Asociación se financia a través de las cuotas de sus socios y socias, la colaboración de empresas patrocinadoras y el apoyo económico y logístico de entidades públicas como el Concello de Oleiros.
Asimismo, parte de los recursos procede de los ingresos generados en las actividades que se promueven, que se reinvierten íntegramente en el desarrollo de la actividad cultural.
Colabora

Impacto cultural, social e económico na comunidade
Contribuímos ao fortalecemento do tecido cultural xerando oportunidades para músicas e músicos e creando espazos de encontro para a cidadanía ademais impulsamos a colaboración co comercio local favorecendo un impacto positivo no ámbito cultural social e económico