Despois de máis de cinco horas de música en directo e dunha intensa xornada na que oito formacións deron o mellor de si sobre o escenario, xa coñecemos as tres bandas elixidas polo público na I Batalla de Bandas Músicoleiros 2026.
Tras o reconto das papeletas depositadas polas persoas asistentes, as tres formacións máis votadas foron:
🥇 The Black Age
🥈 Scarecröw
🥉 Gran Sol
As tres bandas conseguiron o seu acceso ao Festival Rockanroleiros 2026, formando parte do cartel da próxima edición.
Ademais, The Black Age, como gañadora absoluta da I Batalla de Bandas Músicoleiros 2026, recibirá o premio económico previsto nas bases da convocatoria, cun importe mínimo de 500 €, que será abonado o día da celebración do Festival Rockanroleiros 2026.
Desde a Asociación Músicoleiros queremos agradecer a implicación das oito bandas participantes, que converteron esta primeira edición nunha auténtica celebración da música en directo, así como ao público asistente, cuxa participación foi fundamental para facer posible esta iniciativa.
A resposta recibida confirma que a Batalla de Bandas nace con vocación de continuidade e consolídase como unha nova plataforma para impulsar ás bandas emerxentes e fortalecer a escena musical de Oleiros.
Parabéns ás tres bandas finalistas e moitas grazas a todas as persoas que formastes parte desta primeira edición.
Vémonos no Festival Rockanroleiros 2026!
Publicado: 04/07/2026


