A conta atrás xa comezou. Desde a Asociación Músicoleiros facemos públicos os horarios oficiais da Batalla de Bandas Rockanroleiros 2026, que se celebrará o vindeiro venres 3 de xullo.
Despois de pechar definitivamente a participación das bandas, xa podemos presentar a programación completa dunha xornada na que oito formacións subirán ao escenario para ofrecer máis de cinco horas de música en directo, compartindo co público unha noite de rock e estilos afíns.
Os horarios das actuacións serán os seguintes:
- 16:00 h · Estadea
- 16:45 h · QFB
- 17:30 h · Wagmi
- 18:15 h · Rey Mugre
- 19:00 h · Quenlla
- 19:45 h · The Black Age
- 20:30 h · Scarecröw
- 21:15 h · Gran Sol
Lembramos que durante toda a xornada o público poderá participar activamente na elección da banda gañadora. Cada entrada inclúe unha papeleta de votación, que poderá depositarse na urna habilitada no recinto ao remate das actuacións.
Queremos agradecer a todas as bandas a súa disposición e colaboración para facer posible esta edición, así como ao público que, un ano máis, nos acompañará nunha das citas máis especiais do calendario musical de Oleiros.
Vémonos o 3 de xullo. Que comece o rock!

Publicado: 03/07/2026


