A Batalla de Bandas nace como un espazo para impulsar a música en directo, dar visibilidade á escena emerxente e conectar bandas de Oleiros e doutros puntos de Galicia.
Non é só unha competición.
É unha oportunidade real para formar parte do festival Rockanroleiros deste ano.

Funcionamento
A batalla celebrarase o venres 3 de xullo de 2026.
Cada banda contará cun máximo de 25 minutos de actuación en directo.
- O sistema de votación será establecido pola organización.
- Será comunicado previamente ás persoas asistentes.
- A votación será exclusivamente do público presente no evento.
- A banda con máis votos válidos será a gañadora absoluta.
3 prazas para Rockanroleiros
A batalla outorgará:
- 1 praza absoluta para a banda gañadora
- 2 prazas para as bandas de Oleiros mellor clasificadas
As bandas seleccionadas pasarán a formar parte do cartel de Rockanroleiros deste ano.