Descrición da banda
Banda formada en Oleiros por Carl Masurel (baixo), Juan Manuel Vilariño “Vila” (teclados) e Javi Fernández (batería). Posteriormente incorpóranse Álvaro Suárez (guitarra) e Raquel Viñuela “Uca” (voz), completando a formación actual.
O seu son combina influencias do funk dos anos 70 con elementos de rock, disco e psicodelia, dando lugar a unha proposta definida pola propia banda como Disco Acid Funk Rock. Un proxecto centrado no ritmo, a enerxía en directo e a conexión co público.

Contacto:

