Descrición da banda
Banda de heavy rock formada en Galicia en 2022 por músicos procedentes de proxectos como Fungo, Enkord e Innerself. A formación está integrada por Carlos Barreiro (voz), Rober Tore (batería), Luis Miguel Diz, José Ramón Diz e Ernesto Montero (guitarras) e Diego Freire (baixo).
No plano discográfico, contan cun álbum, Twenty Years Ago (2022), e dous EP: Vol. I (2024) e Vol. II (2025). A banda desenvolve unha actividade continuada en directo e iniciou a súa primeira xira en 2025.
Entre os seus fitos recentes destaca o primeiro posto na Batalla de Bandas do festival Flores Rock (2024), así como a súa participación no propio festival. O seu traballo tamén tivo presenza en medios especializados e difusión en radio tanto a nivel estatal como internacional.

Contacto:

