Descrición da banda

Encontro de dous pesos pesados da escena galega. Ela é Carla de Figueredo, unha das voces máis prominentes do soul e R&B galego, coñecida polo seu proxecto Madame Bird e tamén por ser fronte de Hellbuckers, grupo que traballou coa discográfica H Records. El é More, guitarrista e cantante de Super F, e antigo membro de On Fire, o incendiario tributo a Jimi Hendrix.

Xuntos deixan atrás os formatos grandes para volver ao esencial: unha guitarra, unha voz e un repertorio que respira Chicago, Memphis… Do blues máis descarnado ao rhythm and blues das gravacións clásicas dos 50, pasando polo soul de Aretha e pola Etta James máis inmortal.

Carla & More non veñen a reinventar nada. Veñen a lembrar como soaba a música cando só facía falta unha guitarra, unha voz e algo que contar.

Directo, pel e verdade. Que non cho conten.

Carla & More

Contacto: