Batalla bandas Rockanroleiros

A Batalla de Bandas nace como un espazo para impulsar a música en directo, dar visibilidade á escena emerxente e conectar bandas de Oleiros e doutros puntos de Galicia.

Non é só unha competición.
É unha oportunidade real para formar parte do festival Rockanroleiros deste ano.

Participación

A inscrición será gratuíta.

Poderán participar bandas e artistas maiores de 16 anos con repertorio preparado para directo.

Será necesario completar o formulario de inscrición coa información da banda, contacto e material promocional.

Batalla Bandas | Asociación Musicoleiros
Batalla Bandas | Asociación Musicoleiros

Funcionamento

A batalla celebrarase o venres 3 de xullo de 2026.

Cada banda contará cun máximo de 25 minutos de actuación en directo.

  • O sistema de votación será establecido pola organización.
  • Será comunicado previamente ás persoas asistentes.
  • A votación será exclusivamente do público presente no evento.
  • A banda con máis votos válidos será a gañadora absoluta.

3 prazas para Rockanroleiros

A batalla outorgará:

  • 1 praza absoluta para a banda gañadora
  • 2 prazas para as bandas de Oleiros mellor clasificadas

As bandas seleccionadas pasarán a formar parte do cartel de Rockanroleiros deste ano.

INSCRICIÓN

¿Tedes dispoñibilidade para o venres 3 de xullo de 2026? *