Descrición da banda

Banda de RapMetal en galego da cidade da Coruña formada por Zalo Abeledo, David Acuña, Binny e Toninho.

Rexorde en 2019 das cinzas da banda, co mesmo nome, que estivo activa nos anos 90 do século pasado, dando numerosos concertos e chegando a abrir para a banda de britpop «Elastica» no Playa Club no 95.

Guitarra, baixo e batería acompañadas dun MC. Cancións reivindicativas que buscan poñer en valor a terra, a lingua e a cultura galega, malia que tamén hai espazo para a festa e a retranca.

QFB

Contacto: