As tardes do alfar
Ciclo musical ao aire libre celebrado no entorno do Museo Os Oleiros, en As Torres (Santa Cruz). Un espazo onde a música en directo convive coa identidade cultural de Oleiros. Organizado polo Concello de Oleiros e o Museo Os Oleiros, coa colaboración da Deputación da Coruña.
Non nace como un festival convencional.
Aposta por proxectos con composición propia e unha programación musical coidada, combinando concertos ao aire libre con demostracións de olería tradicional en vivo.

Unha proposta cultural consolidada
As Tardes do Alfar é unha das apostas culturais máis recoñecibles do Concello de Oleiros. O ciclo celebrará en 2026 a súa sexta edición, consolidándose como unha das citas musicais do verán na comarca. Desde hai anos, todos os xoves do mes de xullo prográmase unha actuación musical no parque de As Torres, precedida dunha demostración de alfarería en vivo arredor das 20:00h.
Ao longo das diferentes edicións, o escenario acolleu tanto bandas emerxentes como artistas xa consolidados. Proxectos como The Rapants ou Capital Voskov compartiron programación con artistas como Julián Maeso, Miguel Costas ou Moura.
Participación da asociación
As bandas da asociación poden formar parte da programación a través dos procesos de selección establecidos pola organización.
Musicoleiros mantén ademais un acordo coa dirección do museo que garante a presenza de, polo menos, unha banda local en cada edición do ciclo.
Un espazo pensado para dar visibilidade a proxectos con identidade propia, composición orixinal e vínculo coa escena musical de Oleiros.

Cartel 2026

Carteles de edicións anteriores
As tardes do alfar
- Concertos ao aire libre durante xullo e agosto
- Diferentes espazos de Oleiros
- Programación promovida polo Concello de Oleiros
- Participación de bandas vinculadas a Musicoleiros